Prendas e cores básicas para este outono

Ola! Como vai ese día festivo? En Betanzos xa vai frío e comezo a pensar seriamente en sacar os abrigos de paseo! Por iso, a proposta de hoxe xoga coas cores básicas deste outono, o camel e o granate ou “burgundy”  e con prendas básicas ás que lles podemos tirar partido en mil ocasións e con diferentes combinacións.



Pouco hai que explicar dun estilismo básico mais que pode ser útil para diversas ocasións e é un xeito seguro de atinar e ir cómoda. Hoxe vou de H&M, que é una marca pola que aposto moito no que a básicos se refire, tanto o xersei de colo alto, como o pantalón cun ar acampanado e a cazadora de ante son da marca sueca.


As botas, tamén de ante e con plataforma e tacón, son de Creeks, una marca española que comercializa Merkal e que adoro pola súa calidade e comodidade. A cor deste calzado vai ser unha aposta segura para este outono-inverno e a plataforma é a garantía de que son aptas para camiñar o que faga falla.


Finalmente, o bolso é de Compañía fantástica e merqueino en Trendy, unha tenda betanceira situada na Praza da Constitución e decorada con moito gusto, que ten tanto básicos como pequenos tesouros e cunha atención persoal excepcional.


 E isto foi todo por hoxe! Un estilismo así é perfecto para atinar sen arriscar ademais de que é ideal para días de pouca inspiración nos que non queremos perder o estilo. E vós, sodes máis de básicos ou de apostas arriscadas?

Un bico ben grande!

Silvia

Publicacións populares